
CHATS PERCHÉES
Chris Marker, 2004
59’. Subtítulos en galego.
CHATS PERCHÉS [GATOS ARRIBA]
(Francia, 2004)
Dirección, guión e fotografía: Chris Marker. Produtor: Laurence Braunberger. Produción: Les Films de Jeudi. Duración: 59 minutos.
Seguindo a pista de ‘Monsieur Chat’, graffiti xa famoso que poboa os muros de París, constrúese un fresco dos novos movementos que axitan as rúas da capital francesa ao abeiro dos acontecementos políticos dos últimos anos. O gato, animal tutelar e símbolo de liberdade para Marker, establecido como sinal metafórico de tantas cousas.