Lost, Lost, Lost
- 178 minutos
Ao pouco de chegar a Nova Iorque en 1949 xunto ao seu irmán Adolfas, Jonas Mekas mercou a súa primeira cámara Bolex e comezou a filmar aos exiliados lituanos que vivían en Brooklyn e o seu entorno. Uns anos despois, xa instalados en Manhattan, Mekas seguiu filmando sen parar, só que agora ía ser o ambiente artístico da cidade, en especial o entorno dese Novo Cine Americano que el contribuiu en grande medida a fundar: a revista Film Culture, a rodaxe da súa primeira longametraxe, Guns of the Trees (1962), etc. Este é o arco temporal que cubre Lost, Lost, Lost, montada moi tardiamente, en 1976, pero que recopila todas esas primeiras gravacións de Mekas, anteriores en realidade a Walden (1969) e que conforman unha sorte de primer capítulo dos seus Diaries, Notes, and Sketches.
- Ano:1976
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Jonas Mekas
- Fotografía: Jonas Mekas
- Produtora(s): Film-Makers'Cooperative