![Narcisa Hirsch 4. El taller de la artista](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/narcisa_hirsch_programa_4_destacada.jpg?itok=_Sdk2WbG)
Narcisa Hirsch 4. El taller de la artista
- 72 min.
TALLER
Narcisa Hirsch | 1973 | Arxentina | 16 mm a HD | 10 min
RETRATO DE UNA ARTISTA COMO SER HUMANO
Narcisa Hirsch | 1973 | Arxentina | 16 mm | 10 min
CANCIONES NAPOLITANAS
Narcisa Hirsch | 1971 | Arxentina | 16 mm a HD | 10 min
EDGARDO
Narcisa Hirsch | 1967 | Arxentina | Súper 8 a HD | 5 min
MARABUNTA
Raymundo Gleyzer, Narcisa Hirsch | 1967 | Arxentina | 16 mm a HD | 8 min
TESTAMENTO Y VIDA INTERIOR
Narcisa Hirsch | 1976 | Arxentina | Súper 8 | 19 min
COME OUT
Narcisa Hirsch | 1974 | Arxentina | 16 mm a 35 mm | 10 min
-
(S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico
Narcisa Hirsch 4. El taller de la artista
Versión lingüística:VOFormato:HDEntrada gratuíta.
- Ano:1967-1976
- Países de produción: Argentina
Comentarios á sesión
VV.AA.
TALLER
Narcisa Hirsch | 1973 | Arxentina | 16mm a HD | 10 min.
Unha imaxe fixa sobre a parede do taller de Narcisa Hirsch. Mentres toman un té, Narcisa descríbelle a Horacio Maira primeiro o que se ve nesa parede, despois o que está fóra de cadro. A descrición, en voz en off, percorre toda a habitación, ata volver á parede onde comezou o relato. (Filmoteca Narcisa Hirsch)
RETRATO DE UNA ARTISTA COMO SER HUMANO
Narcisa Hirsch | 1973 | Arxentina | 16mm | 10 min.
En Retrato de una artista como ser humano, Narcisa Hirsch fai unha alegre retrospectiva do seu traballo artístico, dos seus happenings xunto a Marie Louise Alemann e Walther Mejía, das filmacións dalgunhas das súas películas. Recordos cuxos restos destrúe nun ritual gozoso de futuro, nunha película tinguida polo optimismo da contracultura de principios dos 70, chea de sentido do humor e de comunidade creativa.
CANCIONES NAPOLITANAS
Narcisa Hirsch | 1971 | Arxentina | 16mm a HD | 10 min.
Unha mestura de imaxes abstractas e, como se saíra dun cadro de Man Ray, unha gran boca en primeiro plano cos beizos pintados de vermello devora lentamente un fígado cru e pasa a comer despois unha tarxeta postal. Mentres tanto escóitanse cancións napolitanas románticas de fondo. Como di Andrea Giunta: «Ao tempo funcionan como unha hipérbole do feminino nun rexistro impregnado da estética pop (son beizos perfectos e maquillados), mais no que a carne introduce un elemento de profunda transgresión, con tensións escatolóxicas». (Cecilia Barrionuevo, Catálogo da Viennale 2023)
EDGARDO
Narcisa Hirsch | 1967 | Arxentina | Super 8 a HD | 5 min.
Narcisa Hirsch e Marie Louise Alemann sacan pasear polas rúas de Bos Aires a obra-silueta en tamaño natural de Edgardo Giménez, un dos máis grandes artistas pop arxentinos. A escultura fotográfica de tamaño natural reproducía o seu corpo espido de costas en ambas caras, un corpo con dous cus; detrás e diante. Esa silueta tamén aparece na película Los neuróticos, de Héctor Olivera. (Cecilia Barrionuevo, Catálogo da Viennale 2023)
MARABUNTA
Raymundo Gleyzer, Narcisa Hirsch | 1967 | Arxentina | 16mm a HD | 8 min.
Documental sobre o happening do mesmo nome que se levou a cabo no teatro Coliseo da cidade de Bos Aires, o 3 de outubro de 1967. Marabunta é unha cerimonia de antropofaxia colectiva ao redor dun esqueleto de seis metros recuberto por completo de comida e que contén no seu interior pombas vivas, que saen voando mentres a xente come. (Filmoteca Narcisa Hirsch)
TESTAMENTO Y VIDA INTERIOR
Narcisa Hirsch | 1976 | Arxentina | Super 8 | 19 min.
A vida interior é unha habitación que a cámara percorre moi lentamente, a voz do afora entra por medio do pregón. O testamento son os compañeiros de cinema que van enchendo un ataúde cor laranxa a través da cidade primeiro e a Patagonia nevada despois. (Filmoteca Narcisa Hirsch)
COME OUT
Narcisa Hirsch | 1974 | Arxentina | 16mm a 35mm | 10 min.
Imaxes de tons vermellos pululan en pantalla a medida que unha frase en inglés se repite enrarecida. O son desármase, a imaxe cobra forza e ponse de pe. Do cruzamento de ambos procedementos xorde a pedra fundacional do cinema estrutural arxentino. (Pablo Marín)