BULLY
Larry Clark, 2001
113´. Subtítulos en castelán.
BULLY
(Estados Unidos-Francia, 2001)
Dirección: Larry Clark. Guión: Zachary Long e Roger Pullis, sobre o libro de John Schutze Bully “A true story of high school revenge”. Produción: Muse Productions, Black List Films, Canal Plus Francia, Gravity Entertainment para Lions Gate Films. Fotografía: Steve Gainer. Intérpretes: Brad Renfro, Rachel Miner, Bijou Philips, Nick Stahl. Duración: 113 minutos.
Bobby, estudante modélico e fillo perfecto parece telo claro na vida. Non así os compañeiros do seu grupo: unha nai solteira adolescente, unha rapaza embarazada, un gordo reprimido, unha drogadicta con pasado terrible... Bobby, en realidade un matón, un violador e un sádico domínaos a todos. Aínda que non imaxina que os seus amigos están argallando o seu asasinato. Dous dos grandes temas de Clark, o tedio e a violencia soterrada, emerxen dramaticamente.