Diario para mis hijos
Napló gyermekeimnek
Zsuzsa Czinkóczi, Jan Nowicki
- 109 minutos
Finais dos anos corenta. Juli é unha moza orfa que volve a Budapest cos seus avós tras uns anos emigrados. Acólleos a súa tía Magda, unha convencida comunista que dirixe unha prisión. A pesar dos seus esforzos por encarrilar á rebelde adolescente, esta resístese a vivir segundo as regras da súa tía. Empeza a buscar pistas do seu pai desaparecido, arrestado pola KGB. Só un amigo de Magda, János, parece apoiala.
O proxecto máis íntimo e monumental de Mészáros é unha triloxía de toques autobiográficos que se inicia con este relato sobre a súa adolescencia. Como lle acontece á protagonista, o pai da directora, o escultor László Mészáros, foi arrestado e executado en 1938, feito que a realizadora só coñecería en 1999 tras unha longa investigación. A súa nai faleceu dando a luz a outro fillo, polo que a nena Mészáros quedou orfa moi nova e criouse cunha autoritaria nai adoptiva tras pasar por un orfanato. Isto marca a súa obra profundamente.
Un dos aspectos que máis destaca desta triloxía é o seu apartado estético, do que foi responsable un dos fillos que tivo con Jancsó, Nyika. Esta película coa súa nai foi o seu primeiro traballo no cinema. Hoxe é un reputado director de fotografía na industria do cinema húngara. Gran Premio Especial do Xurado Cannes.
- Ano:1984
- Países de produción: Hungría
- Guión: Márta Mészáros
- Fotografía: Nyika Jancsó
- Montaxe: Éva Kármentö
- Produtora(s): Studio Budapest