
Mirai, mi hermana pequeña
Mirai no Mirai
- 98 minutos
O pequeno Kun, de catro anos, deixa de ser o centro de atención dos pais cando nace a súa irmá Mirai. Frustrado e algo molesto, comeza a experimentar situacións na casa que nunca vivira. Mais as cousas cambian de forma máxica cando a versión adolescente da súa irmá viaxa no tempo desde o futuro para vivir onda Kun unha aventura extraordinaria máis aló do imaxinable.
Película do director Mamoru Hosoda autor de títulos como El niño y la bestia, Summer wars ou Los niños lobo. En Mirai, mi hermana pequeña o director volve sobre un tema recorrente na súa filmografía: a familia. Segundo o director, “...o que mostra na película está inspirada na observación dos meu fillos. Trátase dunha película moi personal, na que rindo tributo a El espíritu de la colmena, de Víctor Erice. Adoro o retrato da infancia desa película”. Mirai, mi hermana pequeña tivo a súa estrea mundial na Quincena de Realizadores do Festival de Cannes 2018 e estivo nominada ao Óscar como Mellor Película de Animación.
- Ano:2018
- Países de produción: Xapón
- Guión: Mamoru Hosoda
- Fotografía: Ayako Hata
- Montaxe: Shigeru Nishiyama
- Produtora(s): Studio Chizu