
Bs.As.
Alberte Pagán, 2006.
79´. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
Bs.As.
(España, 2006)
Dirección, guión, produción e fotografía: Alberte Pagán. Duración: 79 minutos.
Galegos empurrados pola fame a Bos Aires. Os avós xa non existen, pero quedan xeracións de netos que intentan facer o camiño á inversa. A partir de fotografías familiares, recordos e memoria histórica, unha reflexión sobre a emigración e os lazos que atan continentes. Participante na prestixiosa sección “Llendes”, dentro do último Festival de Cine de Gijón, a primeira longametraxe dun excelente especialista en cinema experimental.