![En la playa sola de noche](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/en_la_playa_sola_de_noche1_la_aventura_0.jpg?itok=HO3Bqtlz)
En la playa sola de noche
밤의 해변에서 혼자
Kim MinHee, Seo YoungHwa, Jung JaeYoung, Moon SungKeun, Kwon HaeHyo, Song SeonMi, Ahn JaeHong, Park YeaJu
- 101 minutos
Tras manter unha aventura cun home casado, a famosa actriz Younghee decide tomarse un tempo. Para iso viaxa á cidade de Hamburgo, onde ficará na casa dun coñecido. Isto non impedirá que siga pensando no que deixou atrás.
As películas de Hong Sangsoo sempre convidan a seren lidas en clave autobiográfica, mais a súa décimo novena película quizais sexa a máis persoal de cantas se fixeron, unha sopesada e clara resposta aos frenéticos titulares de prensa que fixeron tremer a súa vida tras darse a coñecer a súa relación coa actriz Kim Minhee. Centrada na portentosa interpretación de Kim, que gañou o Premio á Mellor Actriz na pasada Berlinale, En la playa sola de noche é o traballo dun mestre na procura de novas capas de profundidade emocional no seu cine. (La Aventura)
-
-
-
Cineclube Padre Feijoo
En la playa sola de noche
-
Cineclube Padre Feijoo
En la playa sola de noche
-
Cineclube Valle-Inclán
En la playa sola de noche
-
Otros ecos
Crítica do filme por Sergio Morera en Transit. Cine y otros desvíos
Trailer do filme
Versión orixinal subtitulada