![El capitán Blood](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/annex-flynn-errol-captain-blood_01.jpg?itok=NudrGeih)
El capitán Blood
Captain Blood
Errol Flynn, Olivia de Havilland, Lionel Atwill, Basil Rathbone
- 119 min.
Peter Blood, médico de conviccións pacifistas, é detido por atender a un rebelde. Acusado de traición é enviado a Jamaica para ser vendido como esclavo. Pero o barco e atacado polos piratas.
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
El capitán Blood
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Basil Rathbone en...
-
Secundarios e antagonistas de Hollywood
El capitán Blood
Versión lingüística:VOSGFormato:16mm.Basil Rathbone en...
- Ano:1935
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Casey Robinson (Novela: Rafael Sabatini)
- Fotografía: Hal Mohr, Ernest Haller
En Nosferatu n° 20, «Secundarios y antagonistas del Hollywood clásico»
Carlos Aguilar
A historia (...) repousa en demasía sobre o personaxe protagonista, por culpa dunha interpretación equivocada do plantexamento Star-System, desperdiciándose suxerencias colaterais e personaxes secundarios repletos de posibilidades (...) Lionel Atwill, Henry Stephenson, J. Carroll Naish e Donald Meek (este último a penas entrevisto, para frustración do bo cinéfilo) sen a menor dúbida son varios dos mellores intérpretes de composición con que contou Hollywood durante a «política dos estudios», e aqui brillan á súa altura habitual. Pero o singular Basil Rathbone os eclipsa olimpicamente coa súa non por episódica menos inesquecible caracterización de pirata francés, sempre nos límites da caricatura na súa fusión de perversidade e afectación, ata o extremo de que a bo seguro inspirou o deseño do capitán Garfo no inmortal Peter Pan (1953), producido por Walt Disney. A todas luces, o duelo de esgrima que este sostén con Flynn nunha praia rocosa constitúe unha das pasaxes máis sabrosas de Captain Blood, e resiste a comparación coas demais secuencias análogas protagonizadas por Rathbone, non en van experto persoal en esgrima, desde a outra mantida novamente con Errol Flynn en The Adventures of Robin Hood (1938), ata, a xenial, con Tyrone Power que culminaba The Mark of the Zorro (1940), de Rouben Mamoulian.