Apichatpong Weerasethakul. Curtametraxes
Apichatpong Weerasethakul (1994-2005)
87’. Vídeo. Subtítulos en galego.
WORDLY DESIRES
(Tailandia, 2005)
Dirección e produtor: Apichatpong Weerasethakul. Guión: Sampot Chidgasompongse. Produción: Apichatpong Weerasethakul. Fotografía: Apichatpong Weerasethakul, Sayombu Mukdeeprom e Sivaroj Kongsakul. Intérpretes: Chanchai Amonthat, Thanatporn Vejchayom e Priya Wongrabeab. Duración: 42 minutos.
Unha parella escapa da súa familia para buscar unha árbore espiritual na xungla. Hai unha canción de noite que fala dunha idea inocente do amor e unha procura da felicidade.
0016643225059
(Tailandia, 1994)
Dirección, fotografía e produtor: Apichatpong Weerasethakul. Produción: Kick the Machine. Duración: 5 minutos.
Un reflexo das emocións do director mentres fala por teléfono con súa nai, logo dunha prolongada ausencia da súa casa. O prefixo 00166 é o correspondente a Tailandia.
LIKE THE RELENTLESS FURY OF THE POUNDING WAVES
(Tailandia, 1995)
Dirección, fotografía e produtor: Apichatpong Weerasethakul. Produción: Kick the Machine. Duración: 23 minutos.
Un día caloroso nunha vila pequena onde unha radio mística o enche todo. As vidas quedan atrapadas no espazo temporal da obra radiofónica, da foto e do filme. A forma narrativa racha e produce xustaposicións de tempo e recordos.
THIRDWORLD
(Tailandia, 1997)
Dirección, fotografía e produtor: Apichatpong Weerasethakul. Produción: Kick the Machine. Duración: 17 minutos.
Descrición de paisaxes da illa de Panyi, no sur de Tailandia. A impresión metafórica e real que produce un período de rodaxe de varios días nunha illa. Documental reconstruído que outorga voz aos individuos do chamado terceiro mundo. En palabras do seu director “a súa calidade é mala e basta porque é produto dos incivilizados”.