AGOSTO: ANTES DA EXPLOSIÓN (2002)
Avi Mograbi, 2002
72´. Subtítulos en galego.
AOUT, AVANT L´EXPLOSION / [AGOSTO: ANTES DA EXPLOSIÓN]
(Israel-Francia, 2002)
Dirección, guión e fotografía: Avi Mograbi. Produción: Les Films d´Ici e Avi
Mograbi Production. Intérpretes: Meital Dohan, Adi Ezroni, Avi Mograbi.
Duración: 72 minutos.
Mograbi odia o mes de agosto, que simboliza todo o máis insoportable de
Israel. Mentres prepara unha película sobre a matanza de musulmáns a mans
dun colono israelí nunha mesquita de Hebrón, o 31 de cada mes pasea polas
rúas coa cámara, revelándonos o seu mundo interior a través de escenas
ficticias nas que encarna o seu personaxe, á súa muller e incluso o seu
produtor. Subversiva análise da paranoia e a violencia que ameazan a
sociedade israelí. Premio da Paz no certame de Berlín.