
Bab El-Oued City
Nadia Kaci, Hassan Abdu, Mohammed Urdach, Murad Khen
- 93 min.
Boualem é un xove panadeiro que vive en Bab El-Oued, un barrio traballador da cidade de Arxel. Unha mañá comete unha «parvada» que provoca as iras dos extremistas.
- Ano:1994
- Países de produción: Alemaña, Argelia, Francia, Suíza
- Guión: Merzak Allouache
- Fotografía: Jean-Jacques Mréjen
En Nosferatu n° 19, Cine e Islam
Carlos J. Plaza
Allouache trata de analizar en Bab El-Oued al-jauma o que está pasando nos últimos anos en Arxelia. Partindo dunha barriada da capital do país, e situando a acción nas postrimerías dos anos oitenta, o realizador ofrécenos a súa particular visión dos acontecementos que conmocionaron nos últimos tempos á sociedade arxelina moderna, unha sociedade que, variasdécadas despois da independencia, se veu golpeada con forza polo fanatismo integrista, capaz de cometer todo tipo de aberracións coa única e fráxil xustificación duhna crenza sobrenatural.
(...) Allouache rodou a película en 1993, nos mesmos lugares onde discorre a acción, antes unhas rúas tranquilas e acolledoras e que se converteron nos últimos anos nun polvorin presto a recibir en calqueira momento un misto prendido. A rodaxe foi bastante complicada, necesitando a filmación dalgunhas escenas protección policial, ante o temor de que se producisen incidentes cos grupos fundamentalistas: «Durante a rodaxe de Bab El-Oued al-jauma, na primavera de 1993, a vida cotiá en Arxel estaba chea de asasinatos, arrestos e represalias. Malia a inseguridade, era necesario filmar ós xoves nos seus barrios obreiros, aínda que a miúdo as ambulancias e alarmas de policía rompian o silencio, lembrándonos a crecente violencia de Arxel. Naquel momento, os técnicos franceses aínda podian traballar nas nosas rodaxes; desgraciadamente, hoxe todo isto é praticamente imposible».