
Jules y Jim
Jules et Jim
Jeanne Moreau, Oskar Werner, Henri Serre
- 105 minutos
Baseada na novela homónima de Henri-Pierre Roché, o relato transcorre antes, durante e despois da I Guerra Mundial e toma como personaxes principais dous amigos, un austríaco e outro francés, Jules (Oskar Werner) e Jim (Henri Serre). Dous homes que van coñecer a Catherine (Jeanne Moreau), unha peculiar muller da que ambos namoran. Xorde así un trío amoroso que remata en traxedia. Íntimo, tenro, intelixente, un filme revestido de xusta lenda, capaz a maiores de outorgarlle recoñecemento literario a Roché.
- Ano:1962
- Países de produción: Francia
- Guión: François Truffaut, Jean Gruault; novela de Henri-Pierre Roché
- Fotografía: Raoul Coutard
- Montaxe: Claudine Bouché
- Produtora(s): Les Films du Carrosse, SEDIF