Avi Mograbi
Do 1 de abril de 2007 ao 30 de abril de 2007
En colaboración co Festival Internacional de Cine de Las Palmas e IVAC-La Filmoteca de Valencia.
Realizador, guionista, actor, director de fotografía, enxeñeiro de son, montador, produtor, Avi Mograbi, (Tel Aviv, 1956), é un autor fundamental da cinematografía israelí, comprometido e crítico coa realidade circundante. Autor de catro longametraxes, Como aprendín a vencer o medo e a amar a Arik Sharon (Ein Hifsakti L’fahed V’lamadeti L’ehov et Arik Sharon, 1997), Feliz aniversario, Sr. Mograbi (Yom Huledet Same’ach Mar Mograbi, 1999), Agosto, antes da explosión (August: A Moment Before the Eruption, 2002) e Vinganza por un dos meus dous ollos (Nekam Achat Mishtey Eynay, 2005), película revelación do Festival de Cannes, Mograbi expón nestes traballos documentais as contradicións do seu propio proceso de creación nun contexto tan difícil como Israel. O director manifesta diante da cámara as súas cavilacións, de modo que sempre hai unha película en produción que está ameazada. A súa filmografía constitúe unha obra sen precedentes no cine mundial e cada un dos seus títulos amosa o presente da situación política, sociocultural e militar de Israel. O conflito palestino-israelí, a ocupación militar, a intifada, a relixión, a política, a colonización, os atentados, son temas recorrentes nas súas películas, pero ante todo Mograbi retrata cunha mirada afectiva os seus semellantes. Na súa obra apreciamos unha mestura de axitación, malestar e unha contradición non resolta, unha porta a través da que entramos na complexidade do seu cine. Autor de películas enormemente divertidas, radicais, desestabilizadoras, documentais inconfundibles, en tanto que aparece nelas como protagonista, introduce elementos de ficción, fusionando humor e ironía. De aí que o comparen con Nanni Moretti (La habitación del hijo, Caro Diario) ou Michael Moore (Bowling for Columbine, Fahrenheit 9/11). Mograbi é un disidente que sabe integrar o persoal co político nunha aposta crítica que se axusta ás necesidades históricas máis perentorias. Un ciclo que parece arrincado dos titulares de prensa, coa urxencia da noticia matizada pola reflexión dun editorialista comprometido.
Agradecementos: Avi Mograbi, Les Films du Losange (Francia), Lise Zipci, Emilie Lacourt, Les Films D´Ici (Francia), Catherine Roux.
![DEPORTACIÓN DEPORTACIÓN](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_875.jpg?itok=pgoecjsa)
DEPORTACIÓN
A RECONSTRUCIÓN
![COMO APRENDÍN A VENCER O MEDO E A AMAR A ARIEL SHARON COMO APRENDÍN A VENCER O MEDO E A AMAR A ARIEL SHARON](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_877.jpg?itok=xdMRA61Y)
COMO APRENDÍN A VENCER O MEDO E A AMAR A ARIEL SHARON
![ALIVIO ALIVIO](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_878.jpg?itok=RJbYGTpU)
ALIVIO
![FELIZ ANIVERSARIO, SR. MOGRABI FELIZ ANIVERSARIO, SR. MOGRABI](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_879.jpg?itok=oeO5IylO)
FELIZ ANIVERSARIO, SR. MOGRABI
DETRÁS
![AGOSTO: ANTES DA EXPLOSIÓN (2002) AGOSTO: ANTES DA EXPLOSIÓN (2002)](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_881.jpg?itok=yvLRBJNf)
AGOSTO: ANTES DA EXPLOSIÓN (2002)
![VINGANZA POR UN DOS MEUS DOUS OLLOS VINGANZA POR UN DOS MEUS DOUS OLLOS](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_882.jpg?itok=gq-3Gj-z)
VINGANZA POR UN DOS MEUS DOUS OLLOS
![ESPERA, SON OS SOLDADOS, TEÑO QUE COLGAR ESPERA, SON OS SOLDADOS, TEÑO QUE COLGAR](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/programacion_883.jpg?itok=00a5N6Hr)