VINGANZA POR UN DOS MEUS DOUS OLLOS
Avi Mograbi, 2005
100´. Vídeo / Cine. Subtítulos en galego.
NEKAM ACHAT MISHTEY EYNAY / POUR UN SEUL DE MES DEUX YEUX / [VINGANZA POR UN DOS MEUS DOUS OLLOS]
(Israel-Francia, 2005)
Dirección e guión: Avi Mograbi. Produción: Les Films d´Ici, CNC, New Israeli Foundation for Cinema and Televisión, Noga Communication-Channel 8. Fotografía: Philippe Bellaiche, Yoav Gurfinkel, Avi Mograbi e Itzik Portal. Intérpretes: Sheri Jabarin. Duración: 100 minutos.
Os mitos de Sansón e Massada seguen a influír nas novas xeracións de israelís coa aprendizaxe de que a morte é preferible a ser dominados. En medio da II Intifada as humillacións sufridas polos palestinos facilitan un desfile de xente exhausta e desesperada, tal e como facían os hebreos cos romanos ou Sansón cos filisteos. Mograbi cre no poder do diálogo cos palestinos asediados e os omnipresentes oficiais do exército israelí. Premio Amnistía Internacional no festival de Róterdan.