ADIÓS A MI CONCUBINA
Chen Kaige, 1993.
170´. Subtítulos en castelán. Entrada gratuíta.
BA WANG BIE JI / ADIÓS A MI CONCUBINA
(China-Hong Kong, 1993)
Dirección: Chen Kaige. Guión: Lei Bik-wa, Lu Wei e Lee Lilian, sobre a obra de Lee Lilian. Produción: Beijing Film Studio, China Film Co-Production Corporation, Maverick Picture Company e Tomson Films. Fotografía: Gu Changwei. Intérpretes: Cheung Leslie, Zhang Fengyi. Duración: 170 minutos.
A vida de dous actores da Ópera de Pequín permite reconstruír cincuenta anos de Histoira de China, desde os anos 20 ata os anos 70, con episodios como a invasión xaponesa e a propia creación da República Popular de China. Adaptación da novela de Lilian Lee feita con medios, un dos filmes asiáticos máis aclamados no seu momento, capaz de obter a Palma de Ouro e o premio FIPRESCI en Cannes, o Globo de Ouro, o BAFTA, así como dous nomeamentos ao Óscar.