A VISITA A JULIO CORTÁZAR
Erik Van Zuylen, 1985.
56´. Vídeo. Subtítulos en galego. Entrada gratuíta.
OP BEZOEK BIJ JULIO CORTÁZAR [A VISITA A JULIO CORTÁZAR]
(Holanda, 1985)
Dirección e guión: Erik Van Zuylen. Produción: Iebeliene Jackson, Hans Nieman. Fotografía: Fred Mekenkamp. Duración: 56 minutos.
O profesor, crítico e erudito literario Saúl Yurkievich parte ao encontro de Julio Cortázar. Este recíbeo na súa propia casa de París. Un café compartido como pretexto dunha reunión na que xorde unha apaixonante conversa sobre a obra e a vida do literato arxentino.