
Sé quién eres
Ana Fernández, Miguel Ángel Solá, Roberto Enríquez, Ingrid Rubio, Manuel Manquiña
- 100 min.
Cando Paloma, unha xove psiquiatra namorada do seu traballo, chega para ocupa-la súa praza nun remoto hospital de Galicia, atópase cun paciente moi especial, Mario, un home inquietante e seductor que padece unha estraña enfermidade: o síndrome de Korsakof, unha alteración da memoria.
-
10º aniversario do CGAI: o mellor dunha década
Sé quién eres
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Entrada gratuíta. [+ Botadura del Alfonso XIII, 1913, 4']
-
10º aniversario do CGAI: o mellor dunha década
Sé quién eres
Versión lingüística:VOFormato:35mm.Entrada gratuíta. Coloquio '10 anos de cine galego' coa participación de: Pancho Casal, Ángel Luis Hueso, Miguel Anxo Fernández, Eduardo Galán e Xosé Nogueira.
- Ano:2000
- Países de produción: Argentina, España
- Guión: Inés París, Daniela Féjerman
- Fotografía: José Luis Alcaine
Sei quén es
Ángel Luis Hueso (Imaxes dunha década 1991-2001)
É moi frecuente que os homes apliquemos nas nosas decisións unha actitude de superioridade, de forma que cando nos achegamos a xulgar unha película na que debuta un novo director sentímonos inclinados a adoptar unha certa dose de condescendencia ante os posibles fallos.
No caso de Sei quén es, primeira longametraxe de Patricia Ferreira, encontrámonos con que é posible abandonar esa actitude; esta é a primeira sorpresa coa que se encontra calquera espectador ante este filme, pois non responde ás premisas típicas, e tópicas, dunha película de debutante. E sobre todo por dous aspectos que é necesario resaltar desde o principio.
En primeiro lugar, non é a obra na que un novo director (neste caso directora) quere envorcar tódalas súas preocupacións, inquietudes, obsesións, coma se tivese medo de non volver ter outra ocasión para demostrar que sabe facer cine e que ten algo que dicir. Todos somos conscientes de que isto aconteceu con bastante frecuencia en operas primas que despois de presentar un realizador interesante, deixárono exhausto e baldeiro para a súa segunda obra.
Pero, ademais, encontrámonos cunha película moi ben construída e cun indubidable equilibrio entre tódolos seus ingredientes. Aquí é necesario destaca-lo proceso de preparación que acompañou a Sei quén es, pois os seus responsables de producción (que deron unha auténtica lección de labor neste campo tantas veces esquecido) souberon arroupa-los indubidables dotes da directora cunha serie de apoios que a fortalecen e conducen a un resultado moi interesante.
Ademais contouse co amparo de magníficos profesionais en campos tan fundamentais como a fotografía (José Luis Alcaine) ou a música (José Nieto, que conseguiu recentemente o Goya correspondente, cunha partitura interpretada magnificamente pola Orquesta Sinfónica de Galicia baixo a dirección de Víctor Pablo), ó que se lle uniu a utilización de dous dos actores do cine español nun mellor momento (o arxentino Miguel Ángel Solá e Ana Fernández) acompañados por actores que contribúen en papeis curtos a crear un mundo peculiar (Mercedes Sampietro, Ingrid Rubio, Vicki Peña ou Jordi Dauder).
Pero, sobre todo, conseguiuse unha obra que funde diversas liñas temáticas e de interese; ben é verdade que non todas elas alcanzan o mesmo nivel dentro do filme (como sería a historia de amor), pero non se pode negar unha interesante proporción entre a loita psicolóxica na busca da indentidade do protagonista e a referencia ós momentos difíciles da transición política española en que determinados grupos militares chegaron a considera-la posibilidade dunha involución política (tema, por outra parte, case novidoso no noso cine).
Por todo iso, é de xustiza destaca-lo interese cinematográfico dunha obra como Sei quén es e concederlle unha marxe de confianza a Patricia Ferreira esperando as súas novas películas.