![28-F Andalucía + Rocío](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/rocio.jpeg?itok=Zs2XulA9)
28-F Andalucía + Rocío
- 95 min.
28-F ANDALUCÍA
Nonio Parejo | 1981 | España | HD | 15 min
ROCÍO
Fernando Ruiz Vergara | 1980 | España | HD | 80 min
Rocío, de Fernando Ruiz Vergara, é un axitado retrato da famosa romaría do Rocío en Andalucía a finais dos anos 70. Ademais da súa mirada crítica e irreverente sobre os mitos nacionais e relixiosos, foi o primeiro filme censurado logo da Transición, pois nel exponse un crime fascista perpetrado durante a Guerra Civil. Aínda con cortes de censura, a exhibición foi prohibida. Hoxe recuperamos a versión sen censurar (mais editada dun xeito que fai visible onde se exerceron os cortes) ao fío do relatorio de Concha Barquero e Alejandro Alvarado sobre Ruiz Vergara, director de Rocío, no marco do Seminario Film Undone, un encontro sobre o chamado “cinema latente”, filmes inacabados por motivos históricos, políticos ou de azar. A proxección estará precedida pola curtametraxe Andalucía 28-F de Nonio Parejo, sobre o referendo de autonomía andaluz celebrado o 28 de febreiro de 1980.
Elena Duque
-
(S8) XV Mostra Internacional de Cinema Periférico
28-F Andalucía + Rocío
Versión lingüística:VOFormato:HDEntrada gratuíta.
- Ano:1980-1981
- Países de produción: España