VIDAS REBELDES
1961
126’. Subtítulos en castelán.
THE MISFITS / VIDAS REBELDES
(Estados Unidos, 1961)
Dirección: John Huston. Guión: Arthur Miller. Produción: Seven Arts para United Artists. Fotografía: Russell Metty. Intérpretes: Marilyn Monroe, Clark Gable, Montgomery Clift, Eli Wallach, Thelma Ritter. Duración: 126 min.
Unha moza chega a Reno para divorciarse. Alí coñece un vaqueiro e decide quedar con el uns días na súa cabana. Pouco despois descobren unha grea de cabalos salvaxes na montaña e, xunto con outros amigos, deciden domalos. Elaboración simultánea dun retrato feminino e dun grupo de inadaptados, cuestionamento de tantos mitos norteamericanos e emblema dun final de época escrito polo dramaturgo Arthur Miller.