S. Bernardo
Othon Bastos, Isabel Ribeiro, Nildo Parente, Vanda Lacerda, Mário Lago, Josef Guerreiro, Jofre Soares, Rodolfo Arena, José Labanca
- 114 min.
Paulo Honório –que deambula polo interior de Brasil negociando con hamacas, gando, estampas, rosarios e chilindradas–, arrebata a facenda S. Bernardo das mans do seu inepto propietario e futuro empregado Luís Padilha. No camiño, aprende a colocar os homes, coma se fosen cousas, cada un no seu lugar. Con todo, cando casa con Madalena, a quen desexa posuír totalmente, todo se esborralla, xa que a súa dificultade para racionalizar o amor terá en xaque a súa visión do mundo. Adaptada da novela homónima de Graciliano Ramos, esta obra mestra do cinema brasileiro está considerada por moitos como unha das mellores películas latinoamericanas de todos os tempos.
- Ano:1972
- Países de produción: Brasil
- Guión: Leon Hirszman
- Montaxe: Lauro Escorel
- Produtora(s): Saga Filmes