Vesna na Zarechnoy ulitse / Primavera en la calle Zarechnoy
Marlen Khutsiyev e Feliks Mironer, 1956
94'. Vídeo. Subt. castelán.
VESNA NA ZARECHNOY ULITSE/ PRIMAVERA EN LA CALLE ZARECHNOY
(Unión Soviética, 1956)
Dirección: Marlen Khutsiyev e Feliks Mironer. Guión: Feliks Mironer. Produción: Odessa Film Studios. Fotografía: Pyotr Todorovskiy e Radomir Vasilevsky. Intérpretes: Nina Ivanova, Nikolai Ribnikov. Duración: 94 minutos.
“E se fosen os rusos os que inventasen a Nouvelle vague? Non é que a máis famosa película de Marlen Khutsiev, Zastava Iliycha, sexa o máis parecido que se fixo antes e despois en calquera lugar a Adieu Philippine, de Rozier, senón que este, o seu segundo filme, anticipaba en 1956, en medio do solemne cine realista-socialista que se practicaba na URSS, múltiples riscos da futura Nova Onda francesa, con movementos de cámara liberados de toda función espacial ou dinámica, puramente líricos, que anuncian o que anos máis tarde Pasolini denominaría 'cine de poesía'. Quizá é a herdanza de Boris Barnet?” (Miguel Marías)