![VERS MATHILDE VERS MATHILDE](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/cover/public/programacion_447.jpg?itok=WR7E2fip)
VERS MATHILDE
Claire Denis, 2005
84’. Subtítulos en galego.
VERS MATHILDE
(Francia, 2005)
Dirección: Claire Denis. Produción: Pascal Caucheteux / Why Not Productions. Fotografía: Agnès Godard, Hélène Louvart. Intérpretes: Mathilde Monnier. Dur.: 84 min.
Mathilde Monnier, unha das figuras máis importantes da danza contemporánea en Francia, pediulle a Claire Denis que a grabase entregada a unha das súas montaxes no Centro Coreográfico de Montpellier. Este é o resultado, unha viaxe ao mundo da danza.