Un minuto de oscuridad
Christoph Hochhäusler, 2011.
90'. Vídeo. Subt. Castelán.
EINE MINUTE DUNKEL / UN MINUTO DE OSCURIDAD
(Alemaña, 2011)
Dirección: Christoph Hochhäusler. Guión: Peer Klehmet e Christoph Hochhäusler. Produción: Heimatfilm e WDR. Fotografía: Reinhold Vorschneider. Intérpretes: Stefan Kurt, Eberhard Kirchberg. Duración: 90 minutos.
A Triloxía Dreileben, realizada por autores adscritos á chamada Escola de Berlín, é un tríptico de filmes (producido por canles de televisión) que funcionan de xeito independente entre si, pero que posúen o nexo dun mesmo tempo-espazo e a fuxida dun perigoso asasino, feito que desenvolve varias historias paralelas. Este último relato vai centrarse no investigador do caso policial e no propio asasino, unha mestura de thriller e western no pobo imaxinario que dá acollida aos tres filmes.