UN ESPÍRITU BURLÓN
David Lean, 1945
96´. Subtítulos en castelán.
BLITHE SPIRIT / UN ESPÍRITU BURLÓN
(Gran Bretaña, 1945)
Dirección: David Lean. Guión: David Lean, Noël Coward, Ronald Neame e Anthony Havelock-Allan, sobre unha peza teatral de Noël Coward. Produción: Two Cities e Cineguild. Fotografía: Ronald Neame. Intérpretes: Rex Harrison, Constance Cummings, Kay Hammond. Duración: 96 minutos.
Un escritor, Charles, está casado en segundas nupcias con Ruth, xa que a súa primeira muller, Elvira, faleceu. Co fin de se documentar para o seu seguinte libro, Charles organiza unha sesión de espiritismo que ten resultados sorprendentes: revela o espírito da falecida Elvira, que quere que Charles se una a ela. Segue a colaboración de Lean co dramaturgo Noël Coward nunha curiosa xuntanza de cine fantástico e comedia que lle permite ao cineasta traballar co espazo e cos efectos escénicos con suma sagacidade.