Juan Sebastián Bollaín (programa 1)
- 70 minutos
Nado en Madrid en 1945 e transplantado a Sevilla con 9 anos, Bollaín comezou a formarse como cineasta de xeito autodidacta aos 14 anos, cando recibiu unha cámara de 8mm como agasallo. Crea unha obra profusa, da que queremos destacar unha serie de películas creadas nos 70 que constitúen un acontecemento insólito dentro da historia do cine español, uns filmes nos que o afán pola experimentación formal se une a un sentido do humor e un espírito visionario singulares.
No primeiro programa que lle dedicamos recollemos dúas encargas dos colexios de arquitectos de Sevilla e mais de Cádiz respectivamente.
LA ALAMEDA '78
Juan Sebastián Bollaín, España, 1978, 16mm a vídeo, 40 min.
“...Tratábase dun debate sobre o que se podía facer con La Alameda, porque daquela había un proxecto de Concello para derrubar o que había e construír bloques, unha decisión á que se opoñía o Colexio de Arquitectos. Os arquitectos dicían unha cousa; o Concello, outra; os veciños, outra. Eu fixen unha especie de película debate, con moitas imaxes e opinións de persoas, pretendendo, ademais, convertela nun espectáculo; quería que o resultado fose atractivo, que permitise á xente pasalo ben, emocionarse e pensar, xulgar criticamente. Para min, esa é sempre a esencia dunha película”. (Juan Sebastián Bollaín)
C.A. 79. UN ENIGMA DE FUTURO
Juan Sebastián Bollaín, España, 1979, 16mm, 30 min.
No ano 4000 hai bastante tempo que Cádiz ten desaparecido. Un grupo de arqueólogos extrae obxectos dun xacemento xunto ao mar, onde parece que estivo a cidade. No medio do traballo cotián do gran laboratorio, a parella de protagonistas vese sorprendida por unhas estrañas referencias a algo denominado Cádiz 3. A partir dese momento, e co obxecto de descubrir a verdadeira causa da destrución de Cádiz, iniciarase unha busca que deberá conducir á aclaración do enigma. Con este pretexto establécense diversos contactos co Cádiz de 1979, cos seus costumes, os seus problemas, e indágase na opinión de persoas claves na vida da cidade e na política municipal, por medio de entrevistas en vídeo a través dos séculos.
-
(S8) Mostra de Cinema Periférico
Juan Sebastián Bollaín (programa 1)
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Presentación. Entradas: https://s8cinema.com
- Ano:1978
- Países de produción: España
- Produtora(s): Colexios de Arquitectos de Sevilla e Cádiz