
UN CUERPO EN EL BOSQUE
Joaquín Jordá, 1996
90’.
UN COS AL BOSC / UN CUERPO EN EL BOSQUE
(España, 1996)
Dirección e guión: Joaquín Jordá. Produtor: Julio Fernández. Produción: Sogedasa, Els Quatre Gats, Filmax. Fotografía: Carles Gusi. Intérpretes: Rossy de Palma, Núria Prims, Ricard Borrás, Joan Masdeu, Lamin Cham. Duración: 90 minutos.
O achado do cadáver dunha rapaza no medio dun bosque por parte dun grupo de cazadores e a posterior investigación a cargo dunha ambivalente garda civil (memorable Rossy de Palma) proporciona o punto de partida dun inquietante relato de intriga, unha sorte de Twin Peaks no Ampurdán catalán, a modo de provocativo fresco social con moitos compoñentes de humor que non nos furta detalle nin pulla.