UM OUTRO PAÍS: MEMÓRIAS, SONHOS, ILUSIÖES,... PORTUGAL 1974/1975
Sérgio Tréfaut, 1998.
70´. Vídeo. Subtítulos en castelán.
UM OUTRO PAIS: MEMORIAS, SONHOS, ILUSÖES...PORTUGAL 1974/1975
(Portugal, 1998)
Dirección e argumento: Sérgio Tréfaut. Produción: SP Filmes. Fotografía: Joâo Ribeiro e Rui Poças. Duración: 70 minutos.
O triunfo da Revolución dos Caraveis posibilitou a presenza masiva de cineastas, documentalistas e fotógrafos no país. Os nomes de Glauber Rocha, Robert Kramer, Santiago Álvarez ou Thomas Harlan deixaron as súas pegadas. Que foi dos soños daqueles homes? Filme-enquisa con imaxes de arquivo e entrevistas cos seus protagonistas resultado dunha indagación sobre preto de 40 películas acerca da revolución feitas por realizadores estranxeiros, das que ningunha se conserva en Portugal.