Namida o sishi no tategami ni (Bágoas na melena do león)
Takashi Fujiki, Mariko Kaga, Kishida Kyoko, Tamotsu Hayakawa, So Yamamura, Koji Nanbara.
- 97 min.
Esta historia de amor imposible sitúanos nas protestas obreiras que se produciron en Xapón a comezos dos sesenta. Shinoda, lonxe de se conformar con narrar esta historia ou utilizar o conflito social que lle serve de marco para facer unha fita política, ofrécenos un retrato minucioso duns personaxes que, tanto polo seu carácter coma polas circunstancias que lles tocou vivir, non poden evitar o seu destino tráxico.
Sen facer unha crítica directa, Shinoda mostra a mudanza radical do seu país tras a derrota na Segunda Guerra Mundial.
Foto: ©1962 松竹株式会社
-
ESENCIAIS: MASAHIRO SHINODA
Namida o sishi no tategami ni (Bágoas na melena do león)
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm.
- Ano:1962
- Países de produción: Xapón
- Produtora(s): Shichiku