Tú, Kimi y yo
Frank Tashlin, 1958.
98'. DCP. Subt. castelán.
THE GEISHA BOY / TÚ, KIMI Y YO
(Estados Unidos, 1958)
Dirección: Frank Tashlin. Guión: Frank Tashlin, sobre unha historia de Rudy Makoul. Produción: Paramount e York Pictures Corporation. Fotografía: Haskell Boggs. Intérpretes: Jerry Lewis, Suzanne Pleshette. Duración: 98 minutos.
Unha estrela estadounidense, Lola Livingstone, visita Xapón para divertir as tropas. Ao tempo, The Great Wooley, un mago descoñecido que leva meses desempregado, tamén está en Xapón, probando sorte. Un cativo, Mitsuo, ficará conmovido polo torpe mago. Con elementos do melodrama e humor extraído do absurdo, un filme singular inzado de compoñentes metanarrativos que reflexiona de novo sobre o rol dos sexos e a paternidade.