
TROUBLE THE WATER
Carl Deal e Tia Lessin, 2007.
90´. Subtítulos en castelán.
TROUBLE THE WATER
(Estados Unidos, 2007)
Dirección: Carl Deal e Tia Lessin. Guión: Carl Deal, Tia Lessin e Amir Bav-Lev. Produción: Elsewhere Films e Louverture Films. Fotografía: PJ Raval, Nadia Hallgren e Kimberly Rivers Roberts. Duración: 90 minutos
A traxedia do furacán Katrina a través dos ollos dunha cantante de rap e o seu marido, atrapados en Nova Orleáns polas inundacións, ás que lograron sobrevivir para volver comezar desde cero. Mellor documental no festival de Sundance, unha dura análise sociopolítica e histórica dirixida por dous colaboradores de Michael Moore.