L'inondation
Ève Francis, Van Daële, Ginette Maddie
- 87 minutos
Alban, mozo granxeiro, vai casar con Margot. Germaine, a rapaza do empregado do concello, está namorada del. Cando a despide, todo se esborralla.
- Ano:1923
- Países de produción: Francia
Marcel L'Herbier suxire a Louis Delluc a adaptación de L'inondation, drama do escritor provenzal André Corthis. Delluc saca partido a esta historia imposta que aborda os seus temas predilectos: o pasado que rexorde, aquí a través da aparición de Germaine (Ève Francis) outrora arrincada dos brazos de seu pai (Edmond Van Daële) por unha nai frívola, as trampas, a rivalidade e a desilusión amorosa, o sentimento de abandono e a vinganza.
A rodaxe ten lugar nos estudios de Boulogne-sur-Seine, e tamén nas marxes do Ródano, daquela moi concorridas polas vendimas de La Durance. A auga inunda as chairas, o que corresponde perfectamente ás exixencias do guión, mais o frío invernal e a humidade constante degradan a saúde xa fráxil de Delluc.
A presentación corporativa resulta un éxito notable e Abel Gance escribe a Delluc: “L'inondation non está lonxe de ser unha obra mestra. Ten, en efecto, un estilo tan persoal, tanta homoxeneidade nas interpretacións e na acción, tanta cualidade na creación de atmosferas, unha cor tan azul cinza e ceo, que non podo resistirme ao pracer de escribirlle a miña impresión. Este filme está puntuado por silencios que son lamentos puros e a pena é tan plena e pesada que as nosas bágoas, sen caer, volven de onde manan para que a tristeza sexa máis soterrada e indeleble”.
Louis Delluc non asistirá á estrea o de 9 maio de 1924, morre o 22 de marzo.
Samantha Leroy, La Cinémathèque Française