The Tragedy of Othello / Otelo
Orson Welles, 1952
92'. DCP. Subt. castelán.
THE TRAGEDY OF OTHELLO / OTHELLO / OTELO
(Italia-Estados Unidos-Marrocos-Francia, 1952)
Dirección: Orson Welles. Guión: Orson Welles, segundo a obra de William Shakespeare. Fotografía: Anchise Brizzi, G.R. Aldo, George Fanto, coa colaboración de Obadan Troili e Roberto Fusi. Produción: R.K.O., Mercury Production. Intérpretes: Orson Welles, Suzanne Cloutier. Duración: 92 minutos.
O drama de Shakespeare sobre os ciumes ou a historia de Otelo, o chamado mouro de Venecia, que lle fai a vida imposible á súa amada, Desdémona, instigado por Iago. O filme que autenticamente representa o comezo da aventura da diáspora para Welles, un crebacabezas composto por anacos estilizados que amosa a mestría do autor na montaxe e o seu proveito dos espazos e os suntuosos movementos de cámara. Estreada en Cannes 1952, Palma de Ouro, a primeira das súas odiseas pasa por unha rodaxe en Marrocos e Italia. Moitos anos despois, en 1978, Welles contaría en forma de filme-ensaio todo este proceso, que deu lugar a varias montaxes diferentes, no título Filming Othello, o último relato fílmico que foi quen de rematar.