Touch of Evil / Sed de mal
Orson Welles, 1958
108´. DCP. Subt. castelán.
TOUCH OF EVIL / SED DE MAL
(Estados Unidos, 1958)
Dirección: Orson Welles. Guión: Orson Welles, segundo o guión de Paul Monash sobre a novela de Whit Masterson Badge of Evil. Fotografía: Russell Metty. Produción: Universal Pictures. Intérpretes: Charlton Heston, Orson Welles, Janet Leigh. Duración: 108 minutos.
A viaxe de noivos do inspector Mike Vargas vese interrompida cando asiste a un estoupido mortal nun paso raiano entre México e Estados Unidos. Vargas comeza a traballar na investigación cun xefe de policía estadounidense ameazador e corrompido, Hank Quinlan. Susan, a muller de Vargas é raptada por uns mafiosos mexicanos. Vargas sospeita que Quinlan inventa probas. Case por encarga, Welles acaba nesta historia criminal, thriller turbio e coral axiña transformado nun exercicio barroco, moderno, xenial, cun lendario comezo: un plano-secuencia que, pola súa habelencia, xustificaría carreiras enteiras de directores. Aparicións de Joseph Cotten, Mercedes McCambridge e Marlene Dietrich.