TIRA TU RELOJ AL AGUA
Eugeni Bonet, 2005.
95´. Presentación a cargo do seu autor. Entrada gratuíta.
TIRA TU RELOJ AL AGUA
(España, 2005)
Dirección e guión: Eugeni Bonet. Produción: Tráfico de Ideas SA e Arquivo María José Val del Omar e Gonzalo Sáenz de Buruaga. Duración: 95 minutos.
Libre aproximación ao título co que o cineasta granadino José Val del Omar pretendía culminar a súa obra. Tras os elementais auga, lume e terra do “Tríptico Elemental de España”, Val del Omar propoñíase engadir un cuarto filme a modo de vértice de toda a súa obra. Novas estampas de Granada –o contrapunto da cultura arábigo-andaluza coa mirada apresurada das hordas turísticas– dan paso ao éxtase dinámico, abstracto e pletórico de imaxes, dun tempo sen reloxo nin espazo.