The Theatre Bizarre
VV.AA., 2011
114'. Vídeo. Subt. castelán. Presentación. Entrada de balde.
THE THEATRE BIZARRE
(Estados Unidos-Francia, 2011)
Dirección: Douglas Buck, Buddy Giovinazzo, David Gregory, Karim Hussain, Tom Savini, Jeremy Kasten e Richard Stanley, sobre relatos de Clark Ashton Smith. Guión: Scarlett Amaris, Douglas Buck, John Esposito, Buddy Giovinazzo, David Gregory, Karim Hussain, Emiliano Ranzani e Richard Stanley. Produción: Severin Films e Metaluna Productions. Fotografía: Karim Hussain. Intérpretes: Udo Kier, Victoria Maurette. Duración: 114 minutos.
Filme colectivo de terror formado por seis historias, todas inspiradas no lendario París do grand guignol do século XIX e co nexo dun espazo, un teatro abandonado. Enola Penny ve as portas abertas e entra no teatro unha noite. Alí vai recibir dun mestre de cerimonias toda unha sucesión de historias tétricas, cheas de horror.