Thérèse
Catherine Mouchet, Aurore Prieto, Sylvie Habault, Hélène Alexandridis
- 90 min.
As dúas fillas de M. Martin, Céline e Thérèse, están ingresadas nas Carmelitas. Malia a súa xuventede, a alegre e idealista Thérèse logra convencer ó seu pai para que a deixe convertirse en novicia.
- Ano:1986
- Países de produción: Francia
- Guión: Camille de Casabianca, Alain Cavalier
- Fotografía: Philippe Rousselot
Texto crítico polo 50 aniversario do festival de Cannes
Jacques Siclier
Esta película foi o acontecemento do Festival de Cannes de 1986, no que recibiu o Premio Especial do Xurado. Sete «Cesars» engadíronse a esta recompensa. Ben acollido por gran número de crentes e non crentes, Thérèse non ten absolutamente nada dunha haxiografía. Cineasta agnóstico, Alain Cavalier consideraba que a historia de Thérèse Martin era a do «amor tolo dunha xove do século XIX por un home que foi crucificado dous mil anos atrás». Non pretendeu facer comprender o misterio da fe e da gracia nesta xove que morreu en 1897 e foi, máis tarde, canonizada. Só se ven imaxes «obxectivas» e estilizadas dun itinerario obstinado. Unha parede gris, uniforme, constitúe o fondo de tódolos decorados. A cámara pasa de largo sobre a representación dunha vida cotiá dedicada a Xesús, cun amor clamoroso e silencioso, o frío, as penitencias, a enfermidade. A mesma naturalidade nos diálogos: cando as monxas son autorizadas a falar, intercambian palabras sinxelas, inxenuas, charlan dun xeito moi prosaico do seu esposo espiritual. Película magnífica pola súa orixinalidade cinematográfica e pola súa honestidade intelectual, Thérèse convida a reflexionar sobre o caso dunha xove carmelita á cal Catherine Mouchet, como posuída, dá unha presencia que sobrepasa a composición actoral.