![Un perro andaluz](https://filmotecadegalicia.xunta.gal/sites/w_pcgai/files/styles/large/public/s910-f0ca61.jpg?itok=u4U4J4BS)
Un perro andaluz
Un chien andalou
Pierre Batcheff, Simone Maureuil, Jaume Miravitlles, Salvador Dalí, Luis Buñuel
- 22 min.
O clásico surrealista de Luis Buñuel e Salvador Dalí, que será presentado nunha copia restaurada recentemente por Ferrán Alberich para Filmoteca Española e cunha banda sonora sincronizada.
-
Cero en conducta. Seminarios e talleres de imaxe
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:35mm.Presentación: Ferrán Alberich. Entrada gratuíta.
-
Luis Buñuel, 100 años
Un perro andaluz
La edad de oro
Las Hurdes / Tierra sin pan
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
Luis Buñuel, 100 años
Un perro andaluz
La edad de oro
Las Hurdes / Tierra sin pan
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
Luis Buñuel, 100 años Salón Teatro
Un perro andaluz
La edad de oro
Las Hurdes / Tierra sin pan
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
Luis Buñuel, 100 años Salón Teatro
Un perro andaluz
La edad de oro
Las Hurdes / Tierra sin pan
Versión lingüística:VOSGFormato:35mm. -
Clásicos do cine
Un perro andaluz
Las Hurdes / Tierra sin pan
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Clásicos do cine
Un perro andaluz
Las Hurdes / Tierra sin pan
Versión lingüística:VOSEFormato:35mm. -
Cine de vangardas: 1915-1947
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:VOFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio da Universidade
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Escola Universitaria de Maxisterio
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Auditorio Centro Cultural Cidade de Vigo
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Teatro Principal
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
-
Cine de vangardas: 1915-1947 Salón de Actos da Biblioteca Pública
París que duerme
Entr'acte
Un perro andaluz
Versión lingüística:MudaFormato:16mm.Rótulos en francés.
- Ano:1929
- Países de produción: Francia
- Guión: Luis Buñuel, Salvador Dalí
- Fotografía: Albert Duverger
En catálogo do ciclo 'Cine de vangardas. 1915-1947' (1993)
Ángel Luis Hueso Montón
Non podemos negar que a propia estructuración das imaxes lévanos a plantexármonos o acceso a unha obra singular. provocadora desde o seu inicio tantas veces mencionado e na que a sorpresa e a dificultade para que o espectador poida acadar un certo sentido lóxico convértese en algo innegable.
Un dos elementos reiteradamente discutidos é a dialéctica entre o carácter literario que posúen moitos dos elementos que entran a formar parte do filme e a sùa visualización desde unha perspectiva plenamente icónica. Quizais un dos acertos da obra sexa a clara e rotunda inmediatez das imaxes que impactan sobre o espectador de xeito continuo, case como se se tratase dun bombardeo, o que obriga a este a adoptar unha postura de participación (malia súa continua sorpresa e a dificultade de accesibilidade dalgúns dos elementos usados).
A carón disto encontrámonos cun auténtico mostrario de claves utilizadas na vangarda daqueles anos (a provocación, a violencia contida, a sexualidade aflorante, a sorpresa polos cambios fóra da lóxica, a manipulación dos elementos espacio-temporais) que Buñuel soubo integrar nun aire de totalidade (posto que recurre a unha estrutura tripartita de prólogo, núcleo e epílogo que volverá utilizar frecuentemente) e, sobre todo, nun claro desexo de provocación a fin de alcanzar aquel soño dos dadaístas, feito seu por moitos dos artistas do momento, de que os espectadores non permanecesen indiferentes ante a obra que contemplaban, senón que adoptasen unha actitude belixerante diante dela. Cremos que, malia as décadas pasadas, Un chien andalou permanece como un dos casos máis singulares desta provocación a través dos recursos artísticos.