
TARDE DE PERROS
Sidney Lumet, 1975
127´. Subtítulos en galego.
DOG DAY AFTERNOON / TARDE DE PERROS
(Estados Unidos, 1975)
Dirección: Sidney Lumet. Guión: Frank Pierson, sobre a narración de P.F. Kluge. Produción: Artists Entertainment Complex e Warner Bros. Fotografía: Victor J. Kemper. Intérpretes: Al Pacino, John Cazale, Chris Sarandon. Duración: 127 minutos.
Unha pequena banda de delicuentes de pouca monta decide atracar a sucursal dun banco, pero a falta de experiencia fará que o roubo, planeado para dez minutos, se convirta nunha aparente trampa para os atracadores e un circo para a televisión en directo. Dentro da vertente subxenérica correspondente ao cine de atracos ou roubos e dirixida por un lúcido Sidney Lumet, firmante de novas impugnacións da figura policial nesta época –pensemos en La ofensa (1972), Serpico (1973) ou El príncipe de la ciudad (1981)-, sobresae este título de protagonismo coral e conseguida atmosfera baseado nun incrible caso real, xa que o roubo está planificado para financiar un cambio de sexo. Óscar ao mellor guión.