Os fillos da vide
- 70 minutos
“Regresando ás súas raíces, Ana Domínguez intérnase nunha viaxe que vai do persoal ao ancestral a través dos ciclos da vida e das estacións; os viñedos, a vendima e o viño. Os ritos, os ritmos da natureza e das tradicións en perigo de extinción, a través das paisaxes e das persoas que as habitan, debuxan esta ollada en que etnografía e emoción se funden nunha revelación das correntes pagás e míticas das bacanais que son as festas populares, explosións de fertilidade e de vida” (catálogo Márgenes). Primeira longametraxe de Ana Domínguez, directora da prestixiosa Mostra de Cinema Periférico (S8) da Coruña.
-
-
Cineclube Valle-Inclán
Os fillos da vide
-
Cineclube Lumière
Os fillos da vide
- Ano:2019
- Países de produción: España
- Guión: Ana Domínguez
- Fotografía: Ángel Rueda
- Montaxe: Ángel Rueda
- Produtora(s): eSe8 Cinema