Surviving life (Theory and Practice)
Jan Švankmajer, 2010
105’. Subt. castelán.
PŘEŽÍT SVŮJ ŽIVOT (TEORIE A PRAXE) / SURVIVING LIFE (THEORY AND PRACTICE)
(República Checa-Eslovaquia, 2010)
Dirección e guión: Jan Švankmajer. Produción: Athanor, C-Ga Film, Ceská Televize e UPP. Fotografía: Juraj Galvánek e Jan Ruzicka. Intérpretes: Václav Helšus, Klára Issová. Duración: 105 min.
A historia de Evzen, un home casado que unha noite soña que flirtea cunha moza chamada Eva. Co soño convertido en obsesión, Evzen vese abocado a visitar a un psiquiatra e principia entón unha amálgama de universos: as lembranzas da infancia que elabora en terapia; a vida coa muller; o soño recorrente, en que o seu romance con Eva vai progresando. Imaxinativa colaxe que mestura actores de carne e óso e unha stop-motion que acrecenta a sensación de irrealidade.