Su juego favorito
Howard Hawks, 1964
127'. Subt. galego.
MAN’S FAVORITE SPORT? / SU JUEGO FAVORITO
(Estados Unidos, 1964)
Dirección: Howard Hawks. Guión: John Fenton Murray, Steve McNeil, sobre unha historia de Pat Frank. Produción: Gibraltar-Laurel para Universal. Fotografía: Russell Harlan. Intérpretes: Rock Hudson, Paula Prentiss. Duración: 127 minutos. Un experto en pesca, Roger Willoughby, autor dun libro de gran popularidade, Manual do perfecto pescador, non pescou na súa vida. Logo de coñecer a unha audaz moza, Abigail, vese obrigado polo seu xefe a participar nun torneo de pesca. Caso non participar, a súa carreira pode verse en perigo. Logo de ¡Hatari!, Hawks volvía á comedia –dez anos despois de Los caballeros las prefieren rubias (1953)– sen Cary Grant, mais cun laborioso Rock Hudson, e coa excelente (hoxe inxustamente esquecida) Paula Prentiss nun título con reminiscencias da obra anterior do autor –e moitas analoxías con La fiera de mi niña-, cortes na súa duración por parte de Universal e unha nova incursión (con variantes) na guerra de sexos, desenvolvendo con suma eficacia cuestións como o concepto de profesionalidade, os esforzos do home en diversas direccións e o conflito crucial, sinalado polo coñecido escritor cinematográfico Robin Wood, entre o instintivo e o consciente.