
A portuguesa
A portuguesa
Clara Riedenstein, Marcello Urgeghe, Ingrid Caven, Rita Durão, Pierre Léon
- 136 minutos
Estamos na Idade Media, inestable e caótica. A moza e encantadora esposa portuguesa de Lord von Ketten múdase a un antigo castelo no norte de Italia. El está preparado para volver á guerra e loitar pola súa terra contra o bispo de Trento, namentres ela fica no lugar durante once longos anos. A señora von Ketten le, canta, soña, danza, nada, cabalga no bosque á espera de poder regresar ao xogo do amor. Conseguirá a portuguesa vencer onde a morte parece querer entrar? Inspirada no conto Die Portugiesin, de Robert Musil con diálogos de Agustina Bessa-Luís.
- Ano:2018
- Países de produción: Portugal
- Guión: Rita Azevedo Gomes, Agustina Bessa-Luís, baseado no relato de Robert Musil
- Fotografía: Acácio de Almeida
- Montaxe: Rita Azevedo Gomes
- Produtora(s): Basilisco Filmes