
Sobre la marxa
Jordi Morató, 2013
77'. DCP.
SOBRE LA MARXA
(España, 2013)
Dirección e guión: Jordi Morató. Produción: Universitat Pompeu Fabra e Termita Films. Fotografía: Laia Ribas e Jordi Morató. Intérpretes: Garrel, Aleix Oliveras. Duración: 77 minutos.
Garrell constrúe bosques dentro do bosque, pontes e casas colgantes, unha verdadeira selva onde filma as súas propias películas de Tarzán. É a súa protección fronte ao mundo exterior, que o obriga a destruír e reconstruír continuamente as súas creacións. Entre o documental, o found footage e a biografía, esta película fala da rebelión individual e do papel que desenvolve o cine nela. E o resultado é unha proposta non usual, o retrato dun personaxe inesquecible que subxugou ao público do festival de Rotterdam.