THE SKYWALK IS GONE
Tsai Ming-Liang, 2002
25’ . Vídeo. Subtítulos en galego.
(Francia, Taiwán, 2002)
Dirección e guión: Tsai Ming-Liang. Produción: Le Fresnoy, Studio National des Arts Contemporains. Fotografía: Liao Pen-jung. Intérpretes: Chen Shiang-chyi, Lee Kang-sheng, Lu Yi-Ching. Dur.: 25 min.
Unha prolongación temática a modo de epílogo de « What Time Is It There ? ». A rapaza volve de París e busca o mozo que lle vendeu o reloxo, pero a única referencia visual do posto de venda, unha pasarela, desapareceu.