
O Território
O Território
Isabelle Weingarten, Jeffrey Kime, Paul Getty Jr., Rebecca Pauly, Geoffrey Carey, Shila Turna
- 90 minutos
Un grupo de turistas adiñeirados aventúranse nun bosque, mais non teñen nin idea de como sobrevivir. Cansos, famentos e desesperados, deambulan pola natureza durante semanas e tópanse só cun par de epicúreos nunha ponte, sen lograr sacar grande información deles polas barreiras lingüísticas. Algúns morren e a carne dos falecidos é partillada entre os que restan a través dun ritual de tipo relixioso.
- Ano:1981
- Países de produción: Francia, Portugal
- Guión: Raúl Ruiz
- Fotografía: Henri Alekan
- Montaxe: Claudio Martinez, Valeria Sarmiento
- Produtora(s): V.O. Filmes
-
A Mild-Mannered Maniac
Entrevista a Raoul Ruiz por A. O. Scott no New York Times traducida integramente ao español.
Extracto do filme
Versión orixinal.
Grazas, Raúl!
Jorge Arriagada (compositor)
En 1981 fílmase O Território en Sintra (Portugal), un filme metafísico de canibalismo e de horror, onde nada é horrorífico, inspirado nun caso real: o avión que transportaba xogadores uruguaios de rugby a un encontro en Chile estrelouse na cordilleira dos Andes. O produtor Paulo Branco dime que pode lograr a participación da orquestra Gulbenkian de Lisboa (…). Instaleime en Sintra, nunha vila onde tamén se aloxaban Raúl e Valeria, actores e membros do equipo de filmación.
(…) por primeira vez tiñamos orquestra sinfónica e coro mixto, fantástico. Aproveitándome do entusiasmo dígolle a Raúl que, para me inspirar no tema do castelo, necesito o cuarto localicado fronte ao impresionante Castelo de Sintra; este cuarto estaba ocupado polo actor Paul Getty Jr., quen ma cedeu xentilmente. Foi unha experiencia chea de emocións diversas.
Raúl dime: “Na biblioteca da vila está o Tratado de harmonía de Arnold Schoenberg, lino e non comprendín gran cousa”. Como Raúl sabía que o meu mestre Max Deutsch fora alumno de Schoenberg, pídeme que lle explique un pouco o serialismo. No libro atópase un exemplo de coral serial escrito por Schoenberg, tócollo nun sintetizador e dime: “Así debera ser o tema do castelo”; dito e feito, o tema do castelo é un coral serial con coro mixto cuxa inspiración é a obra de Schoenberg.
“¡Gracias, Raúl!”, por Jorge Arriagada, en VV.AA., Raúl Ruiz, Cátedra, 2012, pp.128-129.