27 anos de Tom e Jerry (1940-1967)
- 75 min.
PUSS GETS THE BOOT (Hanna-Barbera, 1940)
DOG TROUBLE (Hanna-Barbera, 1942)
YANKEE DOOLE HOUSE (Hanna-Barbera, 1943)
MOUSE TROUBLE (Hanna-Barbera, 1944)
MOUSE IN MANHATTAN (Hanna-Barbera, 1945)
SWITCHIN KITTEN (Gone Deitch, 1961)
ROCK AND RODENT (Chuck Jones, 1967)
SURF-BORED CAT (Chuck Jones, 1967)
-
Grandes mestres da animación
27 anos de Tom e Jerry (1940-1967)
Versión lingüística:VEFormato:16mm. -
Grandes mestres da animación
27 anos de Tom e Jerry (1940-1967)
Versión lingüística:VEFormato:16mm.
- Ano:1940-1967
- Países de produción: Estados Unidos
Comentarios á sesión
Ignacio Benedeti Corzo
Hanna e Joseph Barbera. A finais de 1939 ambos animadores, que pouco tempo atrás iniciaran unha relación de amislade, decidiron crear unha serie de carloons protagonizada por un gato e un rato, Hanna e Barbero, traballando nas súas horas libres neste proxecto, elaboraron unha historia e debuxaron o story-board de varios rápidos sketches, que presentaron ante Fred Quimby, daquela máximo responsable do Departamento de Animación da MGM, que, nun principio, rexeitou a proposta por ridicula e pouco orixinal, «¿Qué poden vostedes facer cun gato e un rato que sexa diferente?», preguntoulle Quimby. A xove parella pregoulle ó productor unha oportunidade para demostrar que a súa idea podia funcionar. Qvimby deixouse convencer, para a súa propia fortuna e a de tódolos entusiastas do cine.
O dez de febreiro de 1940 estreouse o primeiro cartoon da serie, Puss gets the boot, que recebeu moi boas críticos -mesmo foi nominado para o Oscar- e unha extraordinaria acollida por parte do público. En vista disto, Fred Quimby non só autorizou a Hanna e Barbera a seguir adiante coa serie, senón que el mesmo decidiu intervir na supervisión dos story-boards. Cartoon a cartoon, cada curtametroxe foi mellorando. En Dog Trouble, de 1942, podemos comprobar como o aspecto de ambos personaxes, especialmente o de Tom, foi pulido e estilizado. Ese mesmo ano, Hanna, Barbera e Quimby conseguiron que un dos mellores directores musicais da MGM, Scott Bradley, se fixese cargo da banda sonora, co que estes cartoons acadaron proporcións épicas, ó conquerir unha sinerxia entre música e animación admirada hoxe por tódolos amantes do cine.
De 1943 proxectamos The yankee doodle Mouse, cinta gañadora do Oscar dese ano, e de temática bélico-patriótica, que hai que entender no contexto da Segunda Guerra Mundial. Outro Oscar chegou en 1944, con Mouse Trouble. Concluímos a etapa das Hanna-Barbera producidas por Quimby con Mouse in Manhattan, de 1945, cartoon que destaca especialmente polos seus elaborados fondos.
En 1955 retirase o productor Fred Quimby. A partir deste punto, Hanna e Barbera perden un pouco o rumbo, o que coincide, ademais, co crecente desinterese do público norteamericano polos cartoons. A MGM comeza a restrinxir os presupostos para debuxos animados, o que sentencia a época da «animación total» a prol da «animación limitada». Hanna e Barbera tiñan limitadas as súas esperanzas no CinemaScope, esperando que os cartoons rodados con anamorfose atraísen o interese do público novamente, pero isto, lamentablemente, non suced eu e, en 1957, de súpeto, sen previo aviso, os xefes da MGM comunicaron telefonicamente a Hanna e Barbera que se pechaba definitivamente o departamento de animación, e que tanto eles como todo o staff podían considerarse despedidos desde ese momen-to. Hanna e Barbera establecéronse pola súa conta, constituíndo o seu propio estudio especializado en debuxos animados para a televisión, desde onde crearon personaxes inesquecibles, como os Picapedra, o Oso Yogui, os Supersónicos e Huckleberry Hound, entre outros.
A principios dos sesenta a MGM contrata con Gene Deitch a producción de trece Tom e Jerry en Checoslevaquia. No primeiro da serie, Switchin' kitten, estreado en 1961, podemos comprobar os estraños argumentos, decididamente non americanos, así como a pobre animación e ambientación musical. A etapa cinematográfica da inmortal parella conclúe cos trinta e catro cartoons encargados pola MGM a Chuck Jones a mediados dos sesenta, dos que selecionamos Rock and Rodent (1967) e Surf-bored-cat (1967), sendo este o derradeiro dos filmados para o cine.