As Armas e o Povo
- 81 min.
As Armas e o Povo é a película máis famosa da revolución portuguesa. Rodada durante a semana comprendida entre o 25 de abril e o 1 de maio de 1974, combina os grandes movementos de masas con discursos de Mário Soares e Álvaro Cunhal e a liberación de presos políticos con entrevistas de rúa realizadas polo cineasta brasileiro Glauber Rocha. Asinado polo Colectivo de Trabalhadores da Actividade Cinematográfica, trátase dun documento histórico de valor inestimable, elaborado en quente e en plena efervescencia dos acontecementos por varios técnicos e realizadores portugueses. Unha obra ineludible do cine militante europeo, As Armas e o Povo é tamén un manifesto sobre a relación entre cine e política, non só como mero difusor dos acontecementos, senón sobre todo como participante activo do acto revolucionario.
Coa colaboración de: Acácio de Almeida, José de Sá Caetano, José Fonseca e Costa, Eduardo Geada, António Escudeiro, Mário Cabrita Gil, Fernando Lopes, António de Macedo, João Moedas Miguel, Glauber Rocha, Elso Roque, Henrique Espírito Santo, Artur Semedo, Fernando Matos Silva, João Matos Silva, Manuel Costa e Silva,
Luís Galvão Teles, António da Cunha Telles.
Copia dixitalizada pola Cinemateca Portuguesa – Museu do Cinema.
- Ano:1975
- Países de produción: Portugal
- Montaxe: Monique Rutler