50 anos do 25 de abril
Do 24 de abril de 2024 ao 3 de maio de 2024
En 2015 a Filmoteca de Galicia programou o ciclo “Despois de abril. Cine portugués 1974-1982”, centrado na efervescencia do cinema portugués posterior á Revolución dos Caraveis do 25 de abril de 1974. Dentro dese ciclo había varias películas que nos falaban dunha forma ou doutra dese período revolucionario ou dos seus antecedentes, notablemente Deus, Pátria, Autoridade (Rui Simões, 1976) e Gestos & Fragmentos. Ensaio sobre os Militares e o Poder (Alberto Seixas Santos, 1982). Agora que se conmemora medio século daquel 25 de abril, volvemos a eses días con outro ciclo, esta vez centrado en grande medida nas “imaxes de abril”, nos documentais militantes filmados naqueles anos, tamén con algunhas ficcións, que retratan á xente entregada nas rúas, as manifestaciones, os discursos, nas cidades e no campo, co proceso da reforma agraria. As seis sesións que integran o ciclo foron preparadas pola Cinemateca Portuguesa a partir de copias recentemente dixitalizadas.
Coa colaboración de