
Scenes from the Class Struggle in Portugal
Philip Spinelli (narrador)
- 96 min.
Malia o seu tema ser a "loita de clases" en Portugal, mostrada en imaxes de arquivo, guiada permanentemente por un comentario en off, Kramer considerou esta película como o punto final da súa etapa americana. Co paso dos anos, tomou perfectamente conciencia de que se trataba dunha obra anticuada, mais nunca o negou e así o expresou nunha carta de 1995: "Estou feliz de que mostren esta película, porque tantos anos despois, é como dar novas dun lugar que non existe, información dunha época que realmente si existiu". Naquel momento, en Portugal houbo quen pensou en reactivar a censura para prohibir a película.
Copia dixitalizada e restaurada pola Cinemateca Portuguesa – Museu do Cinema, no ámbito do Plano de Recuperação e Resiliência. Medida integrada no programa Next Generation EU.
-
50 anos do 25 de abril
Scenes from the Class Struggle in Portugal
Versión lingüística:VOSGFormato:DCP
- Ano:1976
- Países de produción: Estados Unidos, Portugal
- Fotografía: Robert Kramer
- Montaxe: Robert Kramer, Philip Spinelli
- Produtora(s): Barbara Stone, David C. Stone, Philip Spinelli